Veciñanza

Aprobado o contrato para a renovación do alumeado público do rural de Cuntis

Esta mañá tivo lugar un pleno extraordinario para a aprobación do contrato que sosterá a renovación do alumeado público do rural de Cuntis, un proxecto que contou con todo o noso apoio dende o inicio do expediente.

O importe total ascende a 434.886,10 euros e o contrato estará dispoñible en breves no perfil do contratante do Concello de Cuntis e na Plataforma de contratación da Xunta de Galicia.